Xixirín

O proxecto Xixirín nace no outono do ano 2011. E un proxecto decrecentista que traballa sobre tres piares fundamentais:
soberanía alimentaria, soberanía tecnolóxica e soberanía da saúde.

A o mercado de Entre Lusco e Fusco traemos sobre todo pan, aínda que as veces traemos outros produtos elaborados como marmeladas de froitas e panela, sidra, tapas e produtos da nosa horta.

O trigo que usamos ven de Lugo, de produtores de confianza sen selo, e o centeo ven de preto de Palas de Rei con selo Craega. Moemos o grao no muíño de pedra, no rio Mera, preto da nosa aldea. O forno é de leña e ten una capacidade de 18 pans. Usamos os apeiros tradicionais: rodo, pa, artesa, varredoiro de loureiro, barro para pechar o forno,…

Calquera dubida, consulta ou visita que queirades facer:
http://xixirin.wordpress.com/
correo-e: xixirin@bastardi.net