A cociña de Iván

A Cociña de Iván

A Cociña de Iván é un proxecto individual basado no comercio local de produtos alimentarios ecolóxicos. Tódolos produtos que emprego son ecolóxicos, e, sempre que os atope, locáis. Merco verduras, fariñas, conservas e outros ingredientes ós compañeiros dos mercados locáis nos que participo e ás tendas de alimentación ecolóxica de Compostela. Despois, preparo na casa pratos, empanadas, pizzas e doces listos para levar a casa e consumir unha comida sá, ecolóxica e elaborada a partir de produtos comercializados dun xeito ético, xusto e favorable ó ambiente e ó desenvolmento dunha economía local sostible.

Os meus produtos

  • Pratos elaborados: guisos de carne de tenreira e de porco, potaxes e sopas veganas, estofados… envasados en tarros de vidro e esterilizados ó baño María para conservalos.
  • Empanadas: empanadas veganas con masa de trigo vendidas no posto, outras empanadas feitas por encargo.
  • Pizzas: por agora fago tres tipos de pizza, no futuro ou por encargo podo facer outros:
    • Pizza de tenreira.
    • Pizza de cebola acaramelada e mazá.
    • Pizza da horta (vegana).
  • Doces:
    • Brownie de algarroba.
    • Torta de mazá.
    • Torta de laranxa.

    Tódolos doces están feitos con fariña de trigo, ovos e produtos lácteos, aínda que estou a estudiar novas receitas para poder sustituir estes ingredentes e traer produtos mais variados que todo o mundo poda probar.

Sobre mín

¿E quén é Iván? Pois eu son un rapaz de 29 anos chegado de Madrid para emprender este proxecto en Compostela. Coñecín a agricultura ecolóxica no verán de 2011 a través da visita a unha aldea castelana onde se traballa deste xeito. O verán seguinte, traballei como voluntario nunha finca agroecolóxica en Vedra dende a que coñecín o Mercado entre Lusco e Fusco, e tamén traballei noutras fincas en Burgos e Málaga.

O ano seguinte, 2013, decidín voltar aquí, a Compostela, a unha terra que me encantara, para seguir traballando da man das persoas que coñecera o ano anterior, e para participar na construcción dunha economía local ecolóxica, xusta e sostible. Así naceu A Cociña de Iván, onde se mesturan a miña afición e experiencia na cociña e a miña voluntade de traballar dun xeito responsable coa sociedade e o medio.