I Feira de Outono do Mercado entre lusco e fusco

O próximo martes 19 de outubro o Mercado entre lusco e fusco vai celebrar a partir das 18h a I Feira de Outono, no Centro de Interpretación Ambiental de Belvís (mapa). Após o éxito da I Feira de Verán celebrada o pasado mes de xuño, queremos convidar a todo o mundo a celebrar connosco a chegada do outono. Teremos obradoiros (elaboración de marmeladas e de pasta de dentes), xogos tradicionais, contacontos, castañas, música… Sen esquecer o noso mercado habitual con produtos locais, de temporada, ecolóxicos e de comercio xusto!

Este é o programa do día 19:

I Feira de Outono | Mercado entre lusco e fusco

17:59h | Comezo da Feira

18:30h | Obradoiro de elaboración de pasta de dentes. Adega

19:00h | Mercado de troco (comezo e recollida). Verdegaia

19:00h | Documental “Que culpa tiene el tomate”, no Museo do Pobo Galego. [Dentro da V Mostra de cinema etnográfico]

19:15h | Contacontos. lolanda Aldrei

19:45h | Obradoiro de elaboración de marmeladas. A Hortiña

20:15h | Mercado de troco (sorteo)

21:15h | Magosto/desgustación

21:45h | “Os Estalotes”

Ao longo de toda a festa: Degustación de comida e bebida! Diego Freire dinamizará a Feira | Xogos tradicionais. Asociación de xogos tradicionais